As Cantigas de Elena | Spotify

NÓS

As Cantigas de Elena | Luar

NOVAS

Concerto Vigo – Homenaxe ao Gaiteiro

O vindeiro sábado 16 de marzo no Teatro Afundación de Vigo, contra as 20:00 horas, participaremos na XXI edición da Homanaxe ao Gaiteiro organizada polo Grupo Etnográfico A Buxaina e o Crac De Coruxo. Unha velada de folc xenial na que compartiremos escenario con Pepe Vaamonde Grupo e O Fiadeiro.

Concerto Ribadeo – Teatro Ribadeo

O vindeiro venres 18 de xaneiro ás 21 horas estaremos no Teatro de Ribadeo presentando o noso traballo discográfico, un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928), por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.

Concerto Arca da Noe – Vilar de Santos

O vindeiro sábado 15 de diciembre estaremos pola Taberna Cultural Arca da Noe, en Vilar de Santos (Ourense), en plena Comarca da Límia. O concerto será contra as 22 horas e nel presentaremos o noso traballo discográfico. #vindenumerosos #ascantigasdelena #ourense

Ver todas as nosas novas