ConcertosNOVAS

Concerto Toutón

O vindeiro sábado 30 de xuño, Pipo Alvariño, María Vidal e Miryam González, presentarán o seu traballo discográfico, As Cantigas de Elena, en Toutón (Mondariz). Sen dúbida era necesario facer un concerto de presentación en Toutón, por ser este o lugar de nacemento de Elena Alonso Pino (Elena de Toutón) á persoa á que vai adicada o noso traballo discográfico.

A data escollida tampouco é unha calquera: o día 1 de xullo Elena cumpriría 90 anos, así que non atopamos mellor xeito de celebrar o seu aniversario que con esta actuación. Un concerto cheo de emocións e celebracións ao carón de Elena no que participarán, entre outros, o gaiteiro Pepe Vaamonde e Javier Feijoo “Xisco”, aínda que non descartamos algunha sopresa máis.

O concerto comezará ás 21:30 horas coa actuación das Pandereteiras de Toutón para, de seguido, comenzar nós coa presentación de As Cantigas de Elena. A localización exacta do concerto será no Barrio Casco, 51 (ao carón da Igrexa de S. Mateo de Toutón) (42°15’23.9″N 8°29’34.7″W ).

Non perdades a oportunidade de vivir un día de festa tan especial!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *