ConcertosNOVAS

Concerto Cantos na Maré – Pontevedra

Despois de case un ano e medio da publicación do noso traballo discográfico, concertos por toda a nosa xeografía e actuacións en festivais tan senlleiros como o Esmorga Folk ou o Festival de Pardiñas, por fin vemos cumprido o noso desexo de tocar en Pontevedra, a cidade na que este soño que é “As Cantigas de Elena” botou a andar. 🎉🎉🎉

Será dentro dos Cantos na Maré o próximo 14 de setembro na Praza da Pedreira, contra as 13:30 horas, para que poidades desfrutar da nosa música en sesión vermú. #vindenumerosos #CantosnaMaré #lusofonía #pontevedra #concerto #ascantigasdeelena #xeografías ascantigasdeelena.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *