O vindeiro 20 de xullo no concello de Cerdedo-Cotobade celébrase a décima edición da Mostra de Música e Baile Tradicional coa que os Trazantes de Tenorio celebrarán o seu 35 aniversario. E “As Cantigas de Elena” formarán parte do espectacular cartel co que os Trazantes festexan o seu 35 cumpreanos e que traerá ata o Adro de Tenorio a A. C. Xacarandaina, Sfus Ceifeiras Campinos, Seixos Albos, As Cantigas de Elena e Son das Tabernas.
A festa comenzará ás 19.30 horas no adro de Tenorio e contará con servizo de bar e unha pulpeira para repoñer os corpos de tanta festa, bailes e diversión. Además, durante a xornada festiva rendiráselle unha homenaxe especial ao Fillo Predilecto de Cerdedo-Cotobade Antonio Fraguas, que é a figura central das Letras Galegas 2019, polo seu compromiso e traballo de difusión da cultura do país.
Se queres ver a localización exacta do evento preme neste enlace.