ConcertosNOVAS

Concerto Moraña

O vindeiro venres 19 de xullo, contra as 20:30 horas estaremos de concerto por Moraña para celebrar o vinte aniversario da A.C. Seixebra. O concerto celebrarase no patio da Casa da Cultura de Moraña e, xunto a nós, haberá tamén actuación do grupo de música tradicional Ardentía. A velada musical organizouna a xente de Seixebra coa colaboración do concello de Moraña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *