ConcertosNOVAS

Concerto Oroso- Festitroit

O vindeiro sábado 6 de xullo, contra ás 22:00 horas estaremos no Concello de Oroso, concretamente no Paseo do Carboeira participando no Festitroit. A festa comezará xa pola mañá con xogos populares e un festival folclórico no que participarán A.F. Lembranzas do Tambre e Xacarandaina. A sesión de tarde, que comezará contra ás 16:00 horas tamén contará con xogos populares e coas actuacións de A.F. Néboas no Cumio, Grupo de Danzas Tierra Noble (Burgos) e A.F. Buxos Verdes.

Xa pola noitiña, contras ás 22:00 horas estaremos nós e xusto despois, contra as 23:30 o grupo Tres Pesos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *