ConcertosNOVAS

Lanzamento disco

Se todo vai como debe, nun par de semáns poderá estar á venda o traballo discográfico de As Cantigas de Elena. Non hai forza mais femosa que o recordo. Un recordo tan poderoso e valeroso que segue latexando arreo ao son das pandeiretas nos nosos oidos e nos nosos adentros. Un recordo agora feito música que penetras nas nosas almas e queda gravado con forza en cada pedra de Toutón. Elena, a túa voz e as túas ensinanzas seguen a estar mais vivas que nunca. Levarémoste por sempre no noso recordo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *