Músicos

María Vidal

Licenciada en Xeografía e Historia pola USC e Graduada en Historia da Arte pola UNED. María é a alma do proxecto. Unha das mellores intérpretes de música tradicional galega e a cantante favorita de Elena. No ano 1992 comeza a dirixir diversas agrupacións folclóricas e actualmente é directora do grupo de pandeireta Seisebre de Moraña (Pontevedra), do grupo de pandereteiras Riscadela de San Xoán de Calo (Teo, A Coruña), do de pandereteiras dos Trazantes de Tenorio (Pontevedra), directora de pandeireta para adultos na Asociación Cultural Folclórica Trompos ós Pés de Marín (Pontevedra) e directora do grupo de pandereteiras Trébede. Tamén forma parte do grupo de música tradicional vilarachos, ademais de impartir numerosos obradoiros de canto a pandeireta.

Colaborou en diversos traballos discográficos de grupos como Pepe Vaamonde Grupo, Ardentía, Rumbadeira ou Trompos ós Pés.

Pipo Alvariño

Licenciado en Musicoloxía pola Universidade de Oviedo. Pipo é o produtor do proxecto. O encargado de vertebrar os arranxos e as composición orixinais coas melodías tradicionais. Inicia os seus estudios musicais no Conservatorio de Pontevedra e dende moi novo comeza a tocar a guitarra en diversas agrupacións e grupos musicais. Actualmente compaxia a súa labor de intérprete, arranxista, productor e compositor coa docencia.

Miryam González

Profesora de acordeón polo Conservatorio Superior de Barcelona e mestra na especialidad de Música pola Universidade de Oviedo. Miryam é o contrapunto perfecto ás melodías tradicionais de Elena. Comeza a tocar o acordeón aos sete anos na Escuela Municipal de Música del El Franco (Asturias), escola que acabará dirixindo. Impartiu docencia en varios conservatorios e escolas de Música. Na actualidad compaxina a súa labor de acordeonista coa de mestra de educación musical